As cestas
Vendemos cestas de hortalizas de tempada a particulares todo o ano, cuns prezos de 10 ou 20 euros. Os lugares de repartimento son Vigo, Pontevedra e O Morrazo.
As cestas de 10 euros son unha boa opción para o consumo de 1 a 3 persoas.
As cestas de 20 euros levan máis diversidade e cantidade. Son unha boa opción para o consumo de 3 a 5 persoas.