O número de clientes que podemos atender é limitado, pois dispoñemos de 2000 m2 e somos unicamente dúas persoas as que nos ocupamos da xestión e do traballo. Hai que ter en conta ademais que se trata dun traballo manual, xa que non empregamos máquinas.

Se te abonas, asegurámosche o servizo de maneira prioritaria.

Esta é a nosa proposta para abonados :

20€ ó mes. Unha cesta de 10€ cada 15 días. 

40€ ó mes. Unha cesta de 10 semanal ou dúas de 20, unha cada 15 días.

80€ ó mes. Unha cesta de 20€ semanais.

A parte, sempre poderás engadir outros productos que estamos incorporando como froita, plantas aromáticas para infusións e condimentos, preparados con algas … Terás a opción de escollelos cada semana da listaxe de difusión. Este servizo pagaríase no momento.

OPCIÓNS PARA O PAGO

O día 1 de cada mes 

*A Través dunha transferencia bancaria ao número de conta: ES5130586950482720004687

*A Través de bizum ao número: 649220173

 En ámbolos dous casos tedes que escribir como concepto o voso nome seguido da palabra VERDURAS e do mes en cuestión. Exemplo: Mari Carmen Fernandez Perez. Verduras. Maio. 

*Si che interesa tamén cabe a posibilidade de domiciliar os pagos.  

COIDAMOS OS NOSOS ABONADOS:

Os nosos abonados terán preferencia. Isto implica que serán os primeiros en recibir hortalizas cuxa colleita sexa limitada ou escasa. 

Serán tamén os primeiros en saber dos nosos excedentes ou dos servicios adicionais que poidamos incorporar como a venda de froita, os preparados para infusións, elaborados…

Poderán, ademais, visitar as hortas e ver de primeira man a nosa forma de traballar.

Teremos en conta as súas necesidades particulares, facendo sempre e cando sexa posible algunha variación nas cestas. 

Si tes dubidas, necesitas máis informacion ou queres abonarte CONTÁCTANOS  e falamos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad