Somos dúas mulleres comprometidas co medio ambiente. Gústanos moito o noso traballo e preocúpanos a necesidade de protección da natureza así como do consumo consciente. Cultivamos xuntas nesta horta dende agosto de 2021.
Que implica O noso traballo ?
Traballamos á intemperie, vaia frío, calor ou chova. O noso traballo supón un desgaste físico. A pesar das nosas boas artes, o noso esmero e o noso cariño, ningunha colleita se libra ás veces dos caprichos do clima ou da natureza, que en ocasións xogan na nosa contra. Por exemplo, dende que sementamos un brócoli ata a súa recolección pasan 4 ou 5 meses nos que pode chegar a perderse.
Por outra banda, o noso traballo conéctanos coa terra e coa natureza. Tamén, nos fai medrar como persoas porque nos volve máis pacientes e fortes.
O máis importante de todo é que o adoramos.
Mención de Honra en Responsabilidade Social Empresarial
Fillas da Terra levou a Mención de Honra en Responsabilidade Social Empresarial na gala de AJE Pontevedra.
Ese premio recoñece o noso gran compromiso a favor da protección da biodiversidade e do medio ambiente. Fillas da Terra cultiva hortalizas sen utilizar plástico nin produtos químicos e intégrase na súa contorna rural, onde colabora cos demas habitantes.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Configurar y más información